Celebrando o Día do Libro con Raquel Queizás en Darbo
O pasado mércores, día 19, Raquel Queizás visitounos co seu espectáculo ” Mariña, contos nacidos no mar”. Unha contada moi amena e participativa na que coñecemos, entre outras historias, a lenda de Mariña, a serea da Illa de Sálvora. Así celebramos o Día do Libro na Biblioteca de Darbo.