Celebramos as Letras Galegas con Migallas!
O pasado luns 15 de maio, adiantamos a homenaxe a Carlos Casares para celebrar cos centros de ensino do concello unha fermosa xornada na que houbo recitados, teatro e sobre todo música para honrar ás nosas letras da man de Migallas.
A compañía veu co seu espectáculo Canta connosco! que fixo as delicias de pequenos… e non tan pequenos… A biblioteca municipal Luís Rei, grazas ao programa Ler conta moito, puido contar con esta actividade que serviu para unir a todos os colexios da vila no Paseo da Calzada de cara a festexar o día das Letras Galegas dun xeito especial… velaí van algunhas imaxes…