Teatro Babaluva na BPM de Silleda para celebrar o día das letras galegas
O 19 de maio levamos a cabo unha actividade moi dinámica e participativa con motivo da celebración do día das letras galegas 2017, adicado a Carlos Casares.
Nesta ocasión os rapaces e rapazas fixeron pictogramas sobre as obras infantís do escritor ourensán.
Foi unha tarde moi divertida na que os máis cativos desfrutaron moito.