Babacontos de Carlos Casares, de Larraitz Urruzola na BPM. do Grilo-Cacheiras
Dentro das actividades da Semana das Letras, visitounos Larraitz para facer un repaso a algúns dos contos de Carlos Casares. Así, pola Biblioteca do Grilo pasaron Toribio, a Galiña Azul e unha chea de persoaxes saidos da mente do homenaxeado este ano na Letras. Pero tamén houbo baile, participación e sorpresas, como unhas laranxas moi especiais…