“Cabaret infantil prodixio” con Iria Pinheiro na Biblio-Piscina de Verín
O pasado domingo día 6 de agosto nas Piscinas descubertas Municipais da Granxa, Iria Piñeiro presentou ás 18.00h, unha actividade de dinamización musical, teatro e danza no servizo da Biblio-Piscina, dependente da Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín.
Este proxecto vai dirixido a rapaces de entre 3 e 8 anos, e está recollido dentro do programa “LER CONTA MOITO” organizado por a Biblioteca Municipal do Concello de Verín en colaboración coa Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, educación e Ordenación Universitaria.