A Biblioteca Luís Rei acolle un Obradoiro de Curtametraxes
Na Casa dos Fraga en Cambados, os pasados martes 22 e 29 de agosto tivemos a gran sorte de contar cun Obradoiro de Libros, Imaxes e Curtametraxes da man de AUPA.
Grazas ao programa Ler conta moito, libros, imaxes, curtas inéditas,… encheron os recunchos da biblioteca con tormentas de ideas por parte dos nosos nenos e nenas conseguindo que se introducisen de cheo nun novo mundo visto dende outra perspectiva.
A actividade resultou todo un éxito que, de seguro, volveremos a repetir!