As parábolas de Pakolas – CSC de Conxo – Santiago de Compostela
O día 8 de setembro tivemos festa no Centro Sociocultural de Conxo con Pakolas¡ Música infantil con estilo próximo ao rock para compartir en familia. Viñeron a participar do concerto uns corenta nenos acompañados das súas nais e pais dentro da programación da XXXI Semana Cultural de Conxo; e debido á boa temperatura e climatoloxía fíxose en espazo aberto. En total serían unhas oitenta persoas.