“As nosas historias” – Obradoiro de Sombras chinesas en Moeche
Na tarde do 22 de setembro, na Biblioteca Pública de Moeche, Olga Abad fixo as delicias dun numeroso grupo de persoas da terceira idade que, acompañadas de varios nenos, confeccionaron as figuras dunha historia galega moi antigua coas que logo fixeron a representación con sombras chinesas.
Diversión, manualidades e posta en valor do patrimonio cultural galego para un grupo variopinto cunha actividade orixinal.