Xa pasou a Romaría pola Casa da Cultura de Neda
Onte luns 25 de outubro, na Casa da Cultura de Neda tivemos Romaría. Os nenos e nenas de 1º 2º e 3º dos colexios San isidro e Maciñeira estiraron todo o que puideron as orellas para escoitar as historias máis abraiantes. Entre recollida de patacas, bandas de música, circos, venta de bestas e festexos, Raquel Queizás fíxnos pasar unha ledísima mañá.