Unha tarde entre chimpancés
O pasado venres comenzaron as conmemoracións nas bibliotecas de Redondela polo Día do Libro coa actuación de “Polo correo do Vento” co seu contacontos dedicado a Rebeca Atencia.
Mentres un dos compoñentes do grupo ía debullando a vida desta veterinaria ferrolá, directora do Instituto Jane Goodall na República do Congo, o seu compañeiro ía creando ilustracións baseadas na mesma.
A continuación, cada neno realizou a súa propia caricatura de Rebeca.
Para rematar, todos achegaron a súa dose de cor aos debuxos realizados por Polo Correo do Vento.
Dicir que, tanto nenos como adultos, gozaron a rabiar e interactuaron en todo momento