TRANSformando o mundo dende a BPM Mugardos
Na biblioteca de Mugardos, tivemos a sorte de poder pasar a tarde do 5 de xuño na compaña da autora Eva Mejuto, nunha sesión xuvenil na que fixemos un exercicio de reflexión sobre temas como a diversidade sexual, a transexualidade ou identidade sexual. Unha experiencia tan recomendable como enriquecedora.