O pasado 21 de xuño despedimos o curso escolar no Pino e demos a benvida ao verán viaxando por diferentes países e continentes ao son das historias e as cancións de Lydia Botana e a súa bolboreta, “de aquí para alá”.
Case unha hora que se fixo curta entre conto e conto; entre canción e canción; entre baile e baile… e a pesar de que eramos 150 rapaces e rapazas no Auditorio da Casa da Cultura que serve de espazo auxiliar para as actividades organizadas pola biblioteca municipal, tamén este se quedou pequeno para tanta animación!
Feliz verán!! Vémonos nas bibliotecas!!