“TIC TAC TOC canta conmigo ” DE PABLO DíAZ NA BIBLIOTECA LUIS REI DE CAMBADOS
O xoves 5 de xullo, nos xardíns da biblioteca Luis Rei tivemos o pracer de contar coa actuación musical de Pablo Díaz co espectáculo “TIC TAC TOC canta conmigo”. O numeroso público asistente gozou cantando as cancións de Pablo Díaz.
Conseguiu captar a atención dos cativos dende o primeiro momento.
Fantástica experiencia para os asistentes!!!