Obradoiro Creativo na Biblioteca de Riotorto
O pasado martes 31 de xullo, visitounos na Biblioteca de Riotorto, a diseñadora gráfica Laura Alonso Carracedo, co obradoiro creativo “A máquina de facer debuxos animados”.
Durante 90 minutos os nenos e nenas que acudiron a actividade aprenderon a facer unha máquina de facer debuxos animados coma as que se empregaban no século pasado para dar vida ó cine de animación.
Unha vez rematada a actividade os nenos puideron poñer en práctica o funcionamento do seu aparello.