“As parábolas de Pakolas” na Biblioteca Municipal do Grove
Fantástico espectáculo no que Paco Cerdeira interpretou unha escolla dos seus temas a ritmo de rock e máis estilos, alternando coa narración das historias que nelas se recollen.
A rapazada asistente pasouno en grande bailando, participando e escoitando os contos.