Radio Bulebule en Vilar de Barrio
Actividade motivadora e entretenida a través da música
Actividade motivadora e entretenida a través da música
Por vez primeira recibimos no noso Concello ao magnífico narrador Os contos de Pablísimo, e a expectativa non defraudou. Pablísimo achegounos historias divertidas, sorprendentes e máxicas co seu contacontos “O Paroleiro”.
Contos clásicos e novos como:
– Dona Carme
– Medio elefante
– O sultán e os ratos
– Os tres porquiños
Atraparon a nenos e grandes nun espectáculo que non perdeu intensidade e emoción en ningún momento. Un agasallo sonoro e visual que nos deixou moi bo sabor de boca neste comezo de outono.
O xoves 27 de setembro tivemos connosco na biblioteca de Lorbé a Leo Leiño que veu acompañada de Mary Poppins e nos contaron todas as tarefas dunha institutriz máxica. Foi un espectáculo “supercalifragilisticoespialidoso”.
Mentres agardamos ao nacemento do paxariño, Vanessa, dende o seu xardín, vainos contando historias acompañada pola música de Tito Barbeito.
Na mañá do sábado 22 de setembro houbo “Raposadas” no xardín da Biblioteca De O Rosal, coa colaboración de “Raquel Queizas” levounos a un lugar de conto cheo de rapasiñas e rapasiños listos coma allos!!!
Cos contos de tradicion oral, con obxectos e monicreques, cantando co galo, contando contos da señora Lea, ensinando adiviñas coa galiña, xogando con carozos de millo, paus e pedras, danzando……
Un día de fantasía e fantastico!!!
Onte, xoves 27 de setembro, na Biblioteca Pública Municipal de Ponteareas puidemos gozar coa sesión “Contos Pop-Up” con Fátima Fernández.
Contounos moitas historias entretidas que os cativos e os seus pais desfrutaron e participaron activamente dos fermosos Pop-Ups dos contos, escollidos pola artista, amosando os diferentes personaxes.
Este non é un restaurante normal, é un restaurante de contos. Nenas o nenos difrutaron dun exquisito menú literario neste “Banquete con moito conto” de Ramón Torrente.
Hoxe comezamos as actividades do programa Ler conta moito 2018 coa visita de Limiar Teatro e o seu espectáculo
” Don Quixote”.
Estrearon o programa os nen@s de 4º, 5º e 6º de primaria do Colexio Padre Feijoo de Allariz.
Gozaron dunha comedia gastronómica que mestura narración oral e cociña en directo con moito humor.
Unha versión do Don Quixote de Cervantes, áxil, didáctica, saborosa e moi divertida.
Quedounos moi bo sabor de boca!
Grazas
.
Obra de teatro do grupo Ghazafelhos. Nesta actividade acudiron aproximadamente 90 persoas entren pais e nenos. Esta actividade gustou a todas as persoas que participaron do acto. Desenvolveuse o 21 de setembro de 2018 na Casa da Cultura de Pontedeume.
O mércores 26 de setembro tivemos unha tarde máxica na Biblioteca Central de Cambre. Visitounos o Mago Pedro Bugarín que ademais de realizarnos xogos de maxia, ensinounos algúns trucos moi sorprendentes…
Trucos sinxelos a partir de obxectos cotiás como gomas elásticas ou palillos, xogos de mans… que despois os nenos e nenas poden compartir con outros neos e nenas.
Pedro Bugarín comeza demostrándonos as súas extraordinarias habilidades con algún truco realmente sorprendente que demostra gran profesionalidade.
Cartas asinadas polo público e que logo se trasladan e saen moi dobradiñas da súa boca…ou outras ben escondidas e baralladas aparecen cando o Mago quere…Cordas que despois de cortalas aparecen enteiras,.. Follas de libreta que só se lle cortan a el e ninguén dos asistentes é quen de rompelas, como se forna de plástico…
Actividade moi recomendable para pasalo ben no momento e despois, e para visibilizar e dinamizar os libros de maxia da biblioteca.
Séguenos