BocAberta estivo na ALM de Coiro con A nena con zapatos vermellos
Na biblioteca de Coiro o día 18 tivemos a sorte de pasar unha tarde a mar de entretida da man da compañía BocAbeta , que nos delleitou cun contacontos de valores morais da man de Catuxa, un personaxe entrañable que nos ensina como é moi doado facerse valer, fomentar o respeto e a tolerancia.
Nos convida a descobrer como ser “Felices” igual que o fixo Catuxa cos seus zapatos vermellos herdados.
Puidemos desfrutar dun contacontos divertido e a súa vez de gran calidade escénica.