“CONTOS PARA PASALO DE MEDO” de Carmen Domech, na ALM de Vilariño-Cambados
O Mércores 10 de outubro na ALM de Vilariño de Cambados, dentro do programa “Ler conta moito”, contou coa actuación de Carmen Domech, co seu espectáculo “Contos para pasalo de medo”.
Os nenos/as e as nais e pais quedaron abraiados cos contos de medo da señora Antonia, que a través de cinco historias, achegounos a un mundo de tebras onde, co humor, o amor e o terror, pasámolo de medo. Todos disfrutamos e non tivemos tempo de aburrirnos.