Maxia con Leo Leiño na Biblioteca de Riotorto
O pasado xoves, día 25, puidemos disfrutar do espectáculo de maxia de Leo Leiño e a súa axudante Cris.
Ambas lograron cos seus trucos de maxia e as súas ocurrencias despertar o interese dos máis pequenos así como dos adultos.
O espectáculo estivo cargado de trucos de maxia nos que os propios nenos e nenas participaron e tamén nos que houbo moita diversión.