Andamiaxe na Biblioteca Pública Municipal de Pontecesures
O 26 de setembro os alumnos/as de 1º e 2º de Educación Primaria do CPI, visitaron a Biblioteca para disfrutar da actividade de animación a lectura de Andamiaxe, coa obra “Un banquete con moito conto”
Un banquete no que a comida principal eran os contos, servidos por unha camareira moi especial. Unha servilleta… papiroflexia… e nela os rapaces crearon o seu propio prato (conto). Fixeron unha crítica gastronómica do que comeron. Chamaronlle a Biblioteca, Bibliorestaurante. Pagaron a comida, deixando propina. Calificaron o restaurante de sobresaínte, excelente, fantástico con notas superiores a mil e quedaron en volver moi pronto.