Xogando coas palabras na ALM de Carnota
O pasado mércores, o mago Javier Muro e os seus pequenos e pequenas aprendices inundaron de maxia a ALM de Carnota, co espectáculo Xogando coas palabras. O factor sorpresa e o humor son son dúas das claves deste espectáculo de maxia infantil, creado a partir de palabras e números elixidos ao chou, co público como auténtico protagonista.