AS SUPERHEROINAS DO NOSO POBO en VALGA
Valga recibiu esta mañá á ilustradora Estefanía Padullés, que impartiu o obradoiro “As superheronías do noso pobo”, centrado en debuxar a mulleres representativas de Valga.
Os rapaces comezaron practicando as técnicas da ilustración con mulleres célebres como a pintora mexicana Frida Kahlo ou a científica alemá María Sibylla Merian. A continuación, tiveron que debuxar a mulleres valguesas, pero non soamente famosas, senón tamén a mulleres representativas e importantes para as núas vidas: nais, avoas ou mestras foron algunhas das eleccións.