A aventura de Daniela Pirata na BPM de Catoira
Con Daniela Pirata vivimos unha gran aventura pirata na nosa biblioteca.
Pasamos unhas probas moi divertidas e cuestionámonos certos tópicos en relación ao xénero que non teñen razón de ser. Rapazas e rapaces podemos ser o que nos propoñamos: non existe un xénero para converternos en piratas ou no que queiramos ser. Pasamos un intre moi divertido!