= (igual)…na BPM do Saviñao
Día 6 de setembro de 2019 ás 12:00, na biblioteca de Escairón
Inauguramos un ciclo de actividades sobre igualdade na biblioteca con…
= (Igual)
da man de Dani Viéitez e Iria Iglesias
o 6 de setembro, ás 12:00 na sala infantil
tivemos esta sesión de contos na que coñecemos ás estrañas critaturas de 2 e de 3 antenas que facían cousas estrañas
Descobrimos coas personaxes que independentemente de que tiveran 2 ou 3 anteniñas, podían vestir como quixeran ou levar as cores que lles gustaran, xogar ó que máis lles apetecera, e que estaba ben ter gustos diferentes.
E rematamos debuxando o que máis nos gusta facer
Foi unha sesión moi divertida, non sabiamos que cantabamos tan ben!