Sarabela Teatro na Biblioteca Pública Municipal Manuel María de Oleiros
O martes 24 tivemos a oportunidade de gozar de “Isto non é unha caixa” da man de Sarabela Teatro, un espectáculo que xunta unha música moi ben escollida, un afortunado fondo escénico e un relato arredor das nove maletas viaxeiras. Coa participación dun público interesado en propoñer novos destinos nesta viaxe, a tarde fíxose curta para satisfacción de todos e todas.