“Lobo bobo” na biblioteca de Culleredo
A sesión consistiu nun encadeamento de distintos contos clásicos. Comezou co “Brancaneves”, seguiu co “A casiña de chocolate”, “Os tres porquiños” e rematou co “Carapuchiña vermella”. A posta en escea e interpretación a cargo de Elefante elegante, foi fantástica para nenos e maiores.