Obradoiro de escritura creativa “Relato en dez pasos” na BPM de Irixoa
Varias sesións deste obradoiro de escrita creativa impartido por Andrea Barreira. Este Obradoiro de escrita funciona como unha receita. A través de 10 pasos, que son como ingredientes que van desde a inspiración á lectura pasando pola escrita, descubrimos tanto o traballo que hai detrás dun texto como os elementos narrativos e como conxugalo todo.