Electra Menéndez coa rapazada do Colexio de Galán, na Biblioteca de O Froxel.
O pasado día 2 de outubro, Electra Menéndez estivo cun grupiño do alumnado da escola de Galán en Oseiro contándonos as aventuras de “Unha Toupa Arqueóloga”. Durante algo máis de unha hora, Electra estivo coas rapazas e rapaces que viñeron a actividade aprendendo os traballos deste personaxe tan especial e cómo as arqueólogas son capaces en base ás pistas que nos dan os enterramentos dos nosos antergos, saber a qué se dedicaban nas diferentes épocas da nosa historia. O bo facer de Electra e a colaboración da rapazada presente fixo desta, unha xornada de aprendizaxe en igualdade e diversión coa nosa toupa arqueóloga.