“A casa das letras” a cargo de Pedras. Artesanía e patrimonio na B.P.M. “Mª José Trincado” de Mera (Oleiros)
O venres, 4 de outubro, Electra visitounos na biblioteca de Mera e ensinounos unha casiña moi especial. Invitounos a pasar á casa das letras e puidemos ver como se visten, lavan os dentes, almorzan e mesmo, a máis agarimosa de todas, deunos unha forte aperta.
Para rematar as nenas e os nenos fixeron o seu propio monicreque das letras e pasamos unha tarde verdadeiramente divertida todxs xuntxs.