“A Reconquista” de Antía Yáñez na Biblioteca Municipal de Carballo.
Contacontos sobre o libro “A Reconquista” a cargo da súa autora, gañadora ex-aequo do I Premio Fina Casalderrey pola Igualdade de Baía Edicións. Grazas a esta historia, as crianzas comprenderán que a igualdade non consiste en que os nenos fagan cousas de nenas e viceversa, senón en que todos e todas, gústenos o que nos guste, teñamos cabida no mundo (e neste caso, no patio do colexio).