As aventuras da pirata escarlata na Biblioteca Pública Municipal de A Fonsagrada
A pirata escarlata chegou á Biblioteca Pública Municipal de A Fonsagrada da man de Marisa Irimia. Así, as nenas e nenos usuarixs da escola infantil A Galiña Azul, puideron coñecer as súas aventuras e os seus soños para alcanzar un mundo en igualdade de xéneros. Ademais Marisa, na súa maleta, agochaba cousas fantásticas para estimular os sentidos. Que ben o pasamos!