Cinema e música con Buster Keaton na Biblioteca Rego de Balsa
Este xoves día 11 tivemos na Biblioteca Rego da Balsa a Olga Brañas, que nos ofreceu o seu espectáculo “Cinema e música con Buster Keaton”.
Nel, Olga acompañaba co seu piano un dos filmes máis coñecidos de Buster Keaton, Sherlock Jr., e resultou ser unha actividade do máis orixinal e inspiradora, ademais de facer unha gran labor de difusión das artes cinematográficas.
Os asistentes saíron moi satisfeitos do noso auditorio.