“Mulleres astrónomas” con Ciencia en ruta na Biblioteca Rego da Balsa
Nesta actividade Juan, de Ciencia en ruta, é un científico que nos ven explicar todos os segredos do universo e nos presenta os astros e os seus movementos, fases e órbitas. Ademais fálanos das mulleres que marcaron a historia da astronomía coas súas aportacións a tan interesante ciencia e os obstáculos que tiveorn que superar por ser recoñecidas debidamente. Os asistentes aprenderon moito sobre astronomía cunha perspectiva de xénero e de xeito lúdico e divertido.