O cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa: Chocolate no Concello do Pino
O cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa fixeron gozar a mañá do día 21 de xullo aos nenos e nenas que participaron na Escola de Verán do Pino, e que acudiron escoitar as súas aventuras no Centro Sociocultural Luis Seoane, onde tamén se atopa a Biblioteca Municipal.
O cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa explicáronlle á cativada as súas aventuras no programa de televisión ‘Master Comellón’, arrancando numerosas risas dun entregado público.
Despois do contacontos nenos e nenas participaron nun obradoiro de cociña no que elaboraron unha brocheta de chocolate que todos e todas degustaron con moitas ganas!!