“A CASIÑA DE ACOLLIDA”, 10 de Setembro de 2020 na biblioteca do Barco
Con todo o público infantil en pé, dando palmas e cantando “cóntame, como che foi, se coñeciches a felicidade” concluía o espectáculo infantil “A casiña de acollida”, no Barco. Numerosos nenos e tamén maiores desfrutaban desta actividade de contacontos, adiviñas, teatro e música de ANIMAR-T que se desenvolvía a partir das seis da tarde na praza Andrés de Prada.
Non faltaron as historias cheas de valores como a amizade, a xenerosidade ou o respecto polo medio ambiente.