TI DEBUXAS EU C@NTO CON PAKOLAS E LAURA ROMERO NA BIBLIOTECA MUNICIPAL DE ALFOZ
Hoxe, 18 de setembro, tivo lugar a actuación de Pakolas” Ti debuxas eu c@nto” coa colaboración de Laura Romero. Pakolas encandilou aos nenos/as que asistiron con cancións de rock que falaban de persoaxes dos seus libros ( Gramola Gominola, Ramona Orbita..) ao tempo que Laura oa ía debuxando ao lado del.
Foi moi entretido xa que os rapaces se implicaron moito, ao mesmo tempo fixo moitas alusións a importancia das bibliotecas.