” A Máquina do tempo” de Ghazafelhos fai a súa parada na Biblioteca Municipal de Fene.
Onte ás 18 da tarde tivo lugar no Salón de Actos da Casa da Cultura de Fene e organizado pola Biblioteca Municipal a través do Ciclo Ler conta moito, a actuación “A máquina do tempo”. Quedamos encantados todos os alí presentes desta maneira tan divertida que tiveron os seus representantes de adentrarnos no mundo da historia, comezando pola prehistoria e rematando pola Idade Moderna. Unha tarde na que uns recordamos e outros adquiriron coñecementos moi importantes que aconteceron na historia da humanidade.
Gracias a tod@s pola vosa asistencia e por suposto, a Ghazafelhos pola súa actuación!!!
Séguenos