Migallas Teatro e ” Os contos do chupete” na Biblioteca M. Os Templarios
O mércores 7 de outubro, ás 17.30 h, tivemos unha cita con Migallas Teatro na Biblioteca M. Os Templarios. Con música e con moita tenrura e amabilidade conseguiron acortar simbolicamente as distancias físicas que nestes tempos son de obrigado cumprimento para facer que o público infantil (e non tan infantil…) disfrutase dos “Contos do chupete”. Moitas grazas!