“Polos pelos” de Dani Blanco na Biblioteca José Saramago de CSC das Fontiñas
Este obradoiro consistiu na representación dunha serie de escenas mediante as que se buscaba a complicidade dos asistentes e procuraba facelos partícipes das mesmas. O emprego da mímica e das onomatopeas fixeron que os cativos e cativas pasasen un intre moi entretido e cheo de risas.