“O Lobo Bobo” de Elefante Elegante na Biblioteca Pública Municipal de Outes
Continuando coas sesións de contacontos, o martes día 13 de outubro tivemos a visita de Elefante Elegante. Presentounos o seu espectáculo “O lobo Bobo”. Contounos novas e divertidas versións dos contos clásicos, como “Branca de Neve”, “Os tres porquiños”, “Carrapuchiña vermella”…
Esta orixinal forma de presentar os contos de sempre sorprendeu a pequenos e maiores. Pasamos unha tarde moi entretida.