“Cantacontos”, con Migallas Teatro na B.P.M. de A Guarda
O sábado 10 de outubro, nenos, nenas e familias pasaron un rato de lecer co entretido e animado espectáculo “Cantacontos”, de Migallas Teatro.
En “Cantacontos”, os contos tradicionais ou de creación propia son arrequentados con cancións, música ou sons que contribúen a espertar emocións nos nenos e nenas. Todos os contos tratan cuestións próximas ao público infantil, e convídanos a participar no seu desenlace. As cancións complementan os seus contidos.
Pasámolo xenial!!