“Aventureiras intrépidas” na Axencia de Lectura de San Vicente
Charo Pita achegou ata a rapazada na Axencia de Lectura de San Vicente “Aventureiras intrépidas”, espectáculo de contacontos sobre igualdade de xénero aderezado con algunha canción, no que contou historias sobre aventureiras reais e ficticias, que grazas a súa intelixencia e tenacidade foron quen de plantearse preguntas que as levaron a explorar de diferentes maneiras o universo.
Unha fantástica tarde de contos e lectura