Como contar contos, na Biblioteca de Narón
O mércores 21 de outubro desenvolveuse na biblioteca de Narón o obradoiro para persoas adultas Como contar contos, da compañía A Escola das utopías.
Neste obradoiro ofrecéronse as ferramentas básicas para ser un bo contador ou contadora de contos. As pautas descritas polo actor Pedro Brandariz serven tamén para aquelas persoas que, sen ser contadoras, teñen que falar en público, polo que o obradoiro foi de moito aproveitamento.