Espectacular Mago Teto en Valadouro
O Mago Teto realizou un emocionante e máxico show remontándose a 29 anos atrás cando contemplou un truco de maxia do seu avó que o fascinou e cambiou a súa vida por completo,Divertido, irónico e sempre sorprendente foi debullando un completo repertorio de trucos de naipes, lume, moedas, etc que deixaban coa boca aberta ao público nun rápido resumo de miles de anos de maxia.