U-la lúa? na Biblioteca de Sarria
O pasado venres tivemos a sorte de recibir na BPM de Sarria á actriz e escritora Celtia Figueiras, quen nos relatou o conto de “U-la lúa?”, unha gatiña que quería cumprir un soño: viaxar.
Cos seus monicreques de mesa e a súa voz, a artista conseguiu que as nenas e nenos seguiran con moita atención a historia. Participaron e riron ao longo de todo o conto, e aprenderon a importancia das amizades e da unión para que os soños se fagan realidade: a felicidade dos demais tamén é a túa.