Carmen Domech e os “Contos de libros contentos” na BPM dos Tilos-Teo
Carmen Domech trouxo á nosa biblioteca unha chea de contos pero tamén amosounos algúns libros ben raros: libros que botan lume, libros que se lles caen as letras, libros que botan auga… Todo un mundo de contos e libros para pasalo en grande na biblioteca.