“Contaba miña avoa que…” de Fátima Fernández Gómez
Actividade de Ler conta moito para alumnos de 6º de Educación Primaria do C.P.I. de Pontecesures. Asistiron 35 nenos/as.
Mañán maravillosa escoitando a Fátima, que conta coma ninguén… Contos de tradición oral e escrita, relatos de mulleres que mesturan as risas cos choros e que tiveron que enfrontarse a unha sociedade que as trataba dun xeito diferente.
Rematada esta actividade fixemos unha visita o mural “O tren de Varela”, pintado polos/as alumnos/as da escola de pintura da Asociación A Barcarola de Pontecesures. O mural é unha reprodución dunha foto antiga do paso do tren de Varela pola ponte de ferro no río Ulla. A locomotora era a Sarita. Esta foi a primeira línea de ferro de Galicia (Carril-Cornes) inaugurada no ano 1873