Pitusiña
Ana Hermida de Lisístrata traenos uns monicreques maravillosos… Pitusiña e unha nena arrichada que sinte o galego, pensa, fala e xoga en galego. Decide facer unha viaxe pola historia de Galicia onde atopará persoeiros que lle farán entender o porqué de moitas cousas (Rosalía, Castelao…).
Asistiron nenos e nenas de 1º de Educación Primaria do C.P.I. de Pontecesures.
Rematada esta actividade visitamos a exposición de mural O tren de Varela, no clube xuvenil que está a carón da Biblioteca. O mural, pintado pola Escola de Pintura da Asociación A Barcarola é unha reprodución dunha foto antiga que representa o paso do tren de Varela, coa súa locomotora Sarita pola ponte de ferro sobre o Ulla en Pontecesures.
A Bibliotecaria explocoulles un pouco de historia do ferrocarril na nosa vila, a vía de ferro máis antiga de Galicia:Carril-Cornes inaugurada no 1887