Rescate na biblioteca
O alumnado de 4º de Primaria do C.P.I. de Pontecesures asisteu a esta actividade na Biblioteca. Xogos de pistas para aprender como funciona a Biblioteca: onde atopar as diferentes materias. Si non sabemos preguntaremos o persoal bibliotecario.
Uso do catálogo, para que serve una sinatura…
Logo visitamos o mural o Tren de Varela, pintado pola Escola de Pintura da Asociación a Barcarola. Reproducion dunha foto antiga do paso do tren de Varela, coa locomotora Sarita pola ponte de ferro sobre o río Ulla en Pontecesures. A bibliotecaria contoulles os nenos e nenas un pouco da historia do tren na nosa vila. A nosa vía de ferro é a máis antiga de Galicia: Carril-Cornes inaugurada no ano 1878