Deixa o móbil e debuxa !
Nunha mañá do campamento de verán, organizado pola biblioteca de Sober, os nenos e nenas participantes asistiron a un obradoiro de debuxo realizado por Xosé Manuel Fernández Montes. Aplicando as técnicas que lles explicou o creador, os participantes utilizaron lapiceros e rotuladores para conseguir representar os diferentes personaxes dos cómic ( Superman, Lisa Simpson…) dunha forma doada e divertida. Ao remate lemos o conto “A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza” a partir das fermosas viñetas realizadas por Xose Manuel.